A Folga do 29M e as súas mobilizacións son
A Folga do 29M e as súas mobilizacións son pro-
tagonizadas polo conxunto da clase traballa-
dora, en todas as súas capas: persoas fixas, con-
tratadas, inmigrantes con e sen papeis, preca-
rias, paradas...que xunto á mocidade e os secto-
res populares mostran a súa forza. Esta unidade
é a que lles asusta a quenes exercen o poder. Ta-
mén é unha dura realidade que estes sectores
parecen ser esquecidos po las direccións dos gran-
des sindicatos, e que as persoas en paro e inmi-
grantes estean invisibles para a sociedade. Pero,
poderían loitar en solitario?. Poderían vencer sen
a unidade do conxunto da xente traballadora?.
Non son parte da clase traballadora?. O noso deber
é pelexar pola unidade, loitando porque quen ten
traballo asuma a loita dos grupos mais explotados
da nosa clase, ademais de pelexar pola unidade nos
feitos, e así sera nas rúas e piquetes o 29M. É nece-
sario expor unha alternativa que inclúa demandas
como a repartición das horas de traballo entre todas
as mans dispoñibles, sen rebaixa salarial para acabar
coa desocupación masiva. Mentres loitamos por for-
mas de auto organización onde estean representados
todos estes sectores, e formas de acción máis duras
contra o goberno e a patronal.

0 comentarios:
Publicar un comentario